¿Como podo beneficiarme das promocións exclusivas?

Tes que facerche cunha tarxeta-donativo, que se atopan á túa disposición por 0.30€ nos establecementos presentes en Escolma.

Cunha mesma tarxeta poderás facer efectivas dúas promocións exclusivas do total de promocións dos diferentes establecementos. Tamén poderás, coa mesma tarxeta, beneficiarte de dúas promocións das tendas online dadas de alta en Escolma. Ou sexa, cunha tarxeta 2 promos en tendas físicas + 2 promos en tendas online.

 

¿A que se destina o diñeiro?

O importe destínase integramente ás entidades benéficas dadas de alta. Na sección as axudas explicámosche como se xestionan estas.

 

¿As tarxetas teñen data de caducidade?

Non, pero só poderás facer efectivas as promocións presentes na web no momento que empregues a tarxeta-donativo. 

 

¿Como fago efectivas as promocións?

É moi fácil, visita o establecemento que ofrece a promoción que queres facer efectiva e amósalle a tarxeta-donativo ao persoal do establecemento. Despois o personal selará co distintivo do seu establecemento unha das dúas casillas presentes na tarxeta. Nesta LIGAZÓN, explicámoscho con máis detalle

Se queres facer efectiva unha promoción online, terás que solicitar un código promocional que che enviaremos ao teu mail. Na páxina das promos online tes un link para que te acheguemos este código.

 

¿Por que se chaman promocións exclusivas?

Porque tan só @s usuari@s que dispoñen dunha tarxeta-donativo, poden beneficiarse destas. As promocións non están dispoñibles para @s clientes que non adquiriron unha tarxeta.

 

¿Cantas promocións podo validar?

Cunha mesma tarxeta podes validar ata dúas das promocións presentes na web. Cada negocio decide as condicións de cada promoción.

 

¿Cunha mesma tarxeta, podo validar dúas veces a mesma promoción?

Si, pero non poderás facelo no mesmo día. 

 

¿Existe algunha outra limitación?

Si, tampouco podes facer efectiva a promoción do establecemento onde adquiriches a tarxeta. Neste ENLACE explicámoscho con máis detalle

 

¿Podo facer efectiva a mesma promoción con dúas tarxetas diferentes?

Sí, pero non poderás facer efectiva a mesma promoción no mesmo día. Non se permite a acumulación do beneficio que supún unha tarxeta-donativo para empregar nunha mesma compra.

 

As promocións, ¿son sempre as mesmas?

Non. Cada establecemento pode cambiar as súas promocións cando considere e coa alta de novos establecementos introduciranse novas promocións.

 

¿Podo gardar as miñas promocións favoritas?

Si, en cada promoción existe o botón "Gardar promoción" (icono do marcapáxinas), se picas nel, a promoción gardarase na sección favoritos (na cabeceira da sección principal por idioma, icono do marcapáxinas). Debes ter en conta que se borras o historial de navegación do teu dispositivo as túas promocións favoritas tamén serán borradas. Tamén podes gardar os teus estabalecementos favoritos e as novas do mesmo modo.

 

¿En qué orde se amosan as promocións?

Todas as promocións e as fichas dos establecementos están xeolocalizadas. O teu dispositivo amosará sempre a promoción máis próxima a túa ubicación. Lembra que para que isto funcione terás que permitir a web de Escolma acceder a ubicación do teu dispositivo. Para iso pica no icono do candado, a carón da url do navegador e selecciona en ubicación - permitir.



¿En que consiste a Tarxeta de Puntos?

Coa Tarxeta de puntos podes acumular puntos cada vez que fas efectiva unha promoción. Cada mes premiaremos cun vale de compra ou desconto a aquel usuari@ que máis puntos acumule. Ademáis coa tarxta de puntos podes disfrutar a maiores de máis ofertas e promocións presentes na tarxeta.

 

Teño máis dúbidas

Enche este formulario de contacto e poñerémonos en contacto contigo na maior brevidade posible