Atrás

Maravalla

24 Rúa das Orfas Santiago de Compostela


Unha parte da nosa historia comeza en 2005, a vida levounos a traballar entre xabóns de forma ininterrompida ata 2012, nunha etapa na que aprendemos moito e que posibilitou que Maravalla acabara saíndo á luz.

Logo dun breve descanso continuamos a nosa vida laboral entre aromas, arrecendos e, como non, xabóns,

Maravalla xestouse durante moitos meses en 2014, para acabar abrindo as súas portas en maio de 2015, incluíndo o mundo que fai feliz aos nosos sentidos e á nosa pel: xabóns artesanais ao corte, naturais e tamén ecolóxicos, candeas artesás de casas centenarias elaboradas en cera vexetal e unha infinidade de cosmética natural e, sobre todo, certificada ecolóxica, entre moitas outras cousiñas que queren dar un pouco de luz e alegría á cidade.



Atoparás na nosa tenda unha gama de xabóns artesanais e xabóns naturais elaborados por Naturavia, The Singular Olivia, Xabón d'Allariz, xabón de Alepo Najel, Ajedrea...

Tamén unha sección de cosmética natural con marcas como Naturavia, Natura Siberica, Lilà Cosmétics, So' Bio Étic, Argaia, Boho Green Cosmetics, Esencias de Lúa, Khadi... candeas de cera vexetal de Olivia, Cerabella e Cerería Mollá.


Horario:

De luns a venres de 10:30h a 14:00h e de 17:00h a 21:00h

Sábados de 10:30h a 14:00h 



Promoción que ofrece Maravalla

Produtos-donativo