As entidades

Asociación Abeiro

Compostela


Pola protección animal.

Abeiro é unha asociación pola protección animal, fundada en Outubro de 2005 en Santiago de Compostela.

Non contamos con refuxio propio, pero colaboramos cunha socia que ten gatos adultos nunha finca que recolleu ou sacou da canceira ao longo dos anos. Nós alimentámolos, pagamos a atención veterinaria e buscámoslle adopcións.

Mantemos un número limitado de animais, pois por cuestións económicas, de espazo e polo propio benestar dos gatos non pode haber máis. Aparte, temos cans e gatos en casas de acollida e incluso en casos excepcionais en residencias. Tentamos tamén esterilizar gatos da rúa, pero por diversos problemas de tempo é unha tarefa que resulta complicada. Todos os nosos animais entréganse vacinados, testados, desparasitados e esterilizados (ou con compromiso de esterilzación se son moi novos) e, no caso de cans, microchipados.

As tarifas de adopción son de 50 euros gato e de 100 can. Facemos preseguimento e post-seguimento.

Se queres colaborar connosco, a cuota anual para facerse socio, ou para apadriñar un dos nosos animais, é de 30 euros. Tamén podes facerte casa de acollida, axudarnos na castración dos gatos da rúa e no control das colonias, difundir por Facebook a nosa páxina e os nosos animais, donar obxetos en bo estado para os mercadillos que fagamos, penso, area, rascadores, xoguetes e menciñas para os animais da finca e das casas de acollida, ou facer un donativo puntual.

As donacións recóllense na tenda Herbas (rúa Pitelos 26, santiago), onde ademáis temos un peto. Temos tamén teaming. O noso número de conta é 0128 0110 21 0100041331 (Bankinter). O IBAN dende o extranxeiro é ES4401280110210100041331. 

Grazas por todo!

Máis info: www.asociacionabeiro.org