As entidades

Asociación Centinelas

Compostela


Axuda a mulleres e nais en situación de vulnerabilidade.

A Asociación Centinelas é unha entidade apolítica, aconfesional e sen ánimo de lucro inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia.

A súa constitución ten lugar no ano 2013 na cidade de Santiago de Compostela como resposta a unha demanda social crecente: a de prestar un apoio integral a mulleres e familias que por diversas razóns atópanse en situación de vulnerabilidade social e en grave risco de exclusión.

Na actualidade presta atención a máis dun centenar de familias residentes en Santiago e concellos limítrofes, e conta cun equipo humano cualificado para ofrecer unha atención integral que inclúe apoio psicolóxico, mediación familiar e intercultural, espazos para a conciliación familiar, formación, atención socioeducativa a menores, entre outros.

Ademais, Centinelas xestiona un banco de recursos e axudas de atención básica á infancia, no que participa persoal voluntario e que é posible grazas á implicación de persoas e entidades colaboradoras.

Todas as actividades que se desenvolven na asociación fan que Centinelas constitúa un centro de referencia para estas familias. A proximidade no trato, a resolución dos seus problemas e a sensibilidade ás dificultades específicas das mulleres, son as que fan posible esta confianza.

Máis info: http://asociacioncentinelas.es