Como xa sabes, cando te levas unha tarxeta-donativo dos establecementos que se promocionan en Escolma, colaboras nos proxectos das entidades benéficas dadas de alta na plataforma.

O importe íntegro da adquisición das tarxetas destínase a estas entidades.

Calquera entidade ou asociación sen ánimo de lucro pode optar a benefiarse destas axudas.

Tan só han de contartar con nós a través da  web.

------------------------------------------

As cousas claras

A cantidade íntegra das axudas cara ás entidades sociais procede do importe das tarxetas que se atopan nos establecementos de Escolma.

Cada certo tempo, recadamos o importe da adquisición das tarxetas, e o mesmo é ingresado directamente na conta das entidades. A cuantía do ingreso faise de forma igualitaria, a mesma cantidade a cada entidade.

Neste ENLACE podedes ver a conta da venda-recadación-ingreso das tarxetas-donativo.

------------------------------------------

@s beneficiari@s

Actualmente as doazóns destínanse a estas entidades: 

Asociación Centinelas

Asociación Abeiro

------------------------------------------

As contas.

A data de 08/09/2019 recadáronse 150.30€ en doazóns